Os días anteriores ás vacacións son terribles, está cientificamente demostrado; quen tivese a menor dúbida só tería que asomarse ao meu instituto estas últimas mañás, e iso que os días cincentos e fríos mantiveron algo a raia o entusiasmo dos adolescentes que, aínda así, bulían polos corredores a deshora, chimpaban entre eles e escornábanse como túzaros no patio, e resistíanse a entrar nas aulas como se os foren enviar a un campo de exterminio.
Tomando café, o meu lapsus de hoxe na biblioteca (esquecín o contrasinal de acceso ao programa de préstamo, ese que levo marcando todos os días lectivos desde hai tres cursos, e tiven que ir á procura de Erg) deu pé a que cada un mostrase o seu grao de carbonización laboral e docente, e que en resumidas contas vén significar que ningún se ve dentro de dúas décadas pastoreando os fillos (os netos talvez) destes a quen hoxe tentamos ensinar a diferenciar un suxeito dun predicado.
Non sei se foi Chicles no pelo ou Cam quen saíndo se acordou de que mañá, quizás, o Gordo nos retire.
Pero vai ser que non, como sempre ocorre.
pois a alguén ha retirar o gordo seboso ese...
ResponderEliminar[eu non xogo tanta cantidade como para retirarme... pero para axudarlle ao meu fillo a empezar, eh? eh? eh?]
Mátanme vostedes co seu punto de vista terribilista: "os días antes das vacacións..." Ai, non sigo que me poño sarcástica e disque no nadal temos que ser bos.
ResponderEliminarUnha aperta para compensar a miña ruindade natural.
Pois nada..outro ano máis quedamos como estábamos..bueno con algo menos de cartos no peto..e por riba a seguir carbonizándose...ainss!
ResponderEliminarMoi simpático o viedo.
Bicos!
Que teña saúde.
ResponderEliminarNon se me poña vostede tan revirado e fatalista, carallo. Que, entre suxeito e predicado, está de vacacións mentras outros seguimos esnaquizando pedras!
ResponderEliminarE, ademáis, TOCOULLE algo do gordo. Si, xa sei que foi só a puntiña, i estes da ONLAE son tan remilgados que por eso dannos catro cadelas. Na Chousa estamos decidindo no Buzón a ver que imos facer con tanto carto...
Saúde!
¿Tocouche o Gordo? ¿Non? ¡Vaia! ¿Confórmaste con que che toque unha rellenita?... je je je… Por un amigo faise o que faga falta… Si me oe Congo, me despelexa… je je je.
ResponderEliminarA ilusión é o último que se perde, xa haberá outra ocasión.
Biquiños,
Si, vai ser que non!!!
ResponderEliminarPois eu non sei... O gordo sempre anda ben lonxe. Será por iso que eu non me vou retirar aínda!
ResponderEliminarE si, os corredores dos colexios non son os memsmos cando se cheiran as vacacións!
Bo Nadal e Aninovo!