25/12/2010

Na barbería

Tal día coma este de 1977 falecía Charles Chaplin; aquel mesmo ano e con varias décadas de retraso, os españois puidemos asistir á estrea d' O gran ditador, película que denunciaba maxistralmente a abominación dos fascismos e en que o noso particular ditador se víra retratado; dela escollemos a secuencia en que o barbeiro xudeu atende o seu cliente.
Para comezarmos o día de Nadal con música, cine e un sorriso tenro que anda pertiño da gargallada.

7 comentarios:

  1. eu lembrome diso, pero dudo moito que tí á túa tierna edade de entón quixeras ir velo...

    :-)

    grazas (polo sorriso como postre da comida de navidad. Bo proveito, e saúdos ás tías!!! -espero que teña algunha boa anécdota que contarnos-)

    ResponderEliminar
  2. eu tamén estaría morta de medo con esas mañas coa navalla.

    biquiños e espero que teñas pasado una boa noite.

    ResponderEliminar
  3. unha xoaniña vermellaDec 27, 2010 05:42 AM

    Canto non daría eu por ter esa destreza coa navalla!

    (¿Algún voluntario para ensaiar?)

    ResponderEliminar
  4. A história teima ás vezes em dizer-lhe aos máis a verdade que os menos lhe ocultam. E Chaplin nessa história foi alguem :D

    ResponderEliminar
  5. A min sempre me gustaron as películas do cine mudo Ao non haber palabras as imaxes tiñan que transmitir máis

    ResponderEliminar
  6. Como di Xan, interpretar os silencios a través dos xestos é algo prodixioso que require unha gran interpretación e atención por parte do espectador. Bon ano novo.

    ResponderEliminar
  7. Gran personaxe que segue vivo porque non o olvidamos e gran película que é un gran legado.
    Bicos!

    ResponderEliminar