Aí fóra, na mañá, as árbores aparecen aterecidas, as casas acordan lentamente baixo os tellados brancos, e a xente que pasa móvese lentamente baixo un sol pálido que durará pouco. Almorzando, con dedos fríos pasei as follas dun libro que me prestaron e volvín correndo á cama.
Un día máis esquecín poñer as fabas a mollo e un día máis teño exames por corrixir. Os Polis están pechados por enfermidade e eu agradézolles non ter que saír á noite siberiana. Descartando pasar o ferro a unhas camisas, perigan a ducha, o xersei que planeara comprar hoxe, e até ir xantar á dos meus pais.
A dous pasos da hibernación convertido definitivamente en marmota, pregúntome se namorarme outra vez non facilitaría un pouco as cousas.
A dous pasos da hibernación convertido definitivamente en marmota, pregúntome se namorarme outra vez non facilitaría un pouco as cousas.
É Roy Orbison, In dreams, quen mo aconsella.
(Salvo a da ducha. Dúchese o mesmo.)
ResponderEliminarNada que obxectar.
ResponderEliminarnon me vai o enlace, pero polo demais, incluso se ducha, estéase vostede acochadiño todo o día que senta de perlas. Claro que ahí, dificilemente vaille chegar o amor, ainda que ... iso era antes, agora con interné non hai que sair da cama para namorar, qué maravilla!
ResponderEliminarPois din que sí, que o amor mantén quente o corpo. Pero, as veces élle mías barato compar gasóleo ou mesmo leña.
ResponderEliminarNamorarse facilita as cousas. E complícaas ao mesmo tempo. Pero sempre compensa, aínda que non salga tan ben como se agarda.
ResponderEliminarTodo menos a hibernación!
Claro, que hai cousas que ata se poden suplir cunha cervexiña ao quente da casiña! E non digo viño, pois a min non me senta demasiado ben!
Non hai cousa que máis quente ca un aloumiño! Seino.
Bicos.
O namoramento como fonte de enerxía ven sendo un erro tremendo. Antes ó contrario o que fai é consumila sin tasa. Iso sí, frío non se pasa...
ResponderEliminarÉ certo, eu também estou em fase de hibernação e moi dacordo com o que vôce di...
ResponderEliminarUm saúdo
Amar não é a solução posto que amar é sempre a mais fácil das soluções...
ResponderEliminarPAR
Namorarse para que as cousas sexan máis fáciles ou máis cómodas. Témome que sería unha idea desastrosa. Non creo que namorarse póidase programar....
ResponderEliminarSaúdos
Pois eu no sendo unha persoa especialmente romántica penso e estou segura que o namoramento é bo para a saúde físca e mental (sen engadir os danos colaterais) Así que me parece unha boa idea para sair do letargo invernal.
ResponderEliminarUn bico!
ao fin hibernou vostede toda a finde?
ResponderEliminarEu estiven os dous anteriores hibernada, tamén pensei na solución do enamoramento para espilir o corpo e o ánimo (iso non se pode negar) pero da preguiza, e o que é peor, despois todo ese subidón, págase.
Xa nos contará.
Penso que namorarte outra vez é unha das mellares cousas que podería pasarte; bén, a ti e a calquera. Poderías facer a marmota igual pero poderías gozar de mais caloriño na cama, digo eu.
ResponderEliminarBiquiños,